​Os empresarios piden aprazar a resctricción aos camións

|

Camion


O presidente do Círculo de Empresarios de Galicia, Juan Güell, solicitoulle ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, un adiamento da restrición do tráfico de camións de cinco eixos pola rúa Sanjurjo Badía, no barrio de Teis, prevista a partir do próximo mes de febreiro.


Güell, que con isto se fai eco da preocupación do Foro da Loxística e do Transporte do Círculo, explicou que o adiamento tería como obxectivo "tentar apurar unha solución que ben podería ser a que está en mans das administracións: A conversión en vial urbano do último tramo da AP-9 e a adaptación do nó da avenida de Buenos Aires".


Neste marco, aínda que trasladou a súa "máxima sensibilidade" cara aos veciños da zona, comentou que os empresarios "temen" que a prohibición do tráfico de camións repercuta en custos económicos e implique perdas de tráfico para o porto vigués, polo que ofreceu os seus recursos para "buscar solución a un problema que é infraestrutural do porto".


De feito, solicitou que o alcalde reciba o Foro para ver como poden cooperar, e apostou por "harmonizar solucións que poidan satisfacer a ambas as partes". "As consecuencias da restrición total serían sufridas por un sector que, desde hai case unha década, vén solicitando ás distintas administracións solucións á dispersión das instalacións portuarias", advertiu.


relacionada Restrición "total" para o tráfico de vehículos pesados pola rúa de Sanjurjo Badía
relacionada Os transportistas reclaman entendemento entre Caballero e a Xunta

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress