Israel bloquea a entrada en Gaza dunha delegación de deputados españois
Participan nunha visita dunha semana e iña previsto entrar xunto á axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados Palestinos.
Israel fala de razóns de "seguridade". Foto: @AntonGomezReino
O Goberno de Israel denegoulle a un grupo de deputados españois que se atopa nos territorios palestinos o permiso que pediran para acceder á Franxa de Gaza.
A comitiva, composta por deputados de PP, PSOE, Podemos, Compromís, Ciudadanos e En Marea (Antón Gómez-Reino), tiña planeado entrar en Gaza mañá xunto á axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados Palestinos (UNRWA) como parte dunha visita dunha semana a Palestina que inclúe reunións co presidente palestino, Mahmud Abbas, e o ministro de Exteriores, Riad al Malki, así como con deputados e representantes de ONG.
"É inaceptable que se nos prohiba a entrada a unha delegación parlamentaria con diferentes partidos, tramitándoa polo Ministerio de Exteriores español, cunha visita organizada pola ONU para ver proxectos de cooperación con orzamento español", declarou a Europa Press a deputada socialista e ex secretaria de Estado de Cooperación Soraya Rodríguez. "Non queren que vexamos e contemos o drama humanitario que vive a xente a causa do bloqueo que Israel lles impón", engadiu.
Israel só alegou verbalmente razóns de seguridade para non permitir a entrada dos deputados españois en Gaza.
Escribe o teu comentario