​É "cuestión de tempo" que a praga da avespa velutina chegue a Ourense

O Concello de Ourense elaborará cun protocolo de actuación para eliminar os niños desta especie invasora.


|

Velutina


O Concello de Ourense elaborará un protocolo de actuación para formar aos funcionarios encargados de retirar os niños de avespa asiática e informar os cidadáns sobre que pasos realizar cando se atopen cun avespeiro.


Así o aprobou este luns no primeiro pleno de 2018. Todos os grupos políticos, fóra de Democracia Ourensá (DO) que se abstivo, acordaron que o Concello poña en marcha un protocolo de actuación para dar resposta á presenza da avespa velutina na cidade das Burgas.


Con todo, o pleno rexeitou cos votos en contra do PP (10) e a abstención de DO (8), o apartado que instaba á Xunta a incluír os representantes do sector apícola na Comisión de Seguimento da velutina, a impulsar os orzamentos para a investigación e a non duplicar as liñas de investigación.


Tamén se desestimou a posta en marcha de trampas en primavera para capturar as novas raíñas e a implementación dun programa de divulgación sobre os efectos da praga entre a poboación en xeral.


O concelleiro de Medio Ambiente, José Araújo, lembrou que xa existen convenios coas Universidades de Vigo e Santiago para investigar a presenza da velutina, así como medidas para frear a súa expansión. Polo que aprobar de forma íntegra a moción socialista suporía "duplicar" os esforzos actuais, sinalou.


TRES NIÑOS EN OURENSE


Ademais, informou de que en Ourense os bombeiros recibiron información e que traballan en colaboración co 012 para a retirada de niños; que contan con dous traxes especiais de protección e que durante o pasado ano retiráronse tres niños.


O concelleiro socialista Javier Rey sinalou que en cidades como Vigo xa existen cuadrillas "a xornada completa" para combater esta praga e que "será cuestión de tempo que sexa un problema" en Ourense.


Nesta mesma liña expresouse o portavoz de Ourense en Común (OUeC), Miguel Doval, que insistiu na necesidade da "prevención" entre os cidadáns "especialmente en zonas verdes e colexios". Ademais instou á posta en marcha de talleres para "crear sistemas de recollida de velutinas con botellas de plástico".


María Teresa Rodríguez, de DO, xustificou a abstención do seu grupo porque "xa existen protocolos de actuación desde 2015", aínda que se mostrou a favor dunha "maior prevención e máis dotación a todos os sectores implicados, especialmente en investigación".


relacionada Stop Velutina demanda na Cámara "frear a invasión" desta especie
relacionada Marcha de Santiago a Bilbao reclamando un "plan de choque" contra a velutina
relacionada Os apicultores estiman en máis de 15.000 os niños de avespa velutina en Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE