​A ONCE celebra unha década de 'Clubs de Braille'

En Galicia, teñen presenza na Coruña, Vigo, Pontevedra e Santiago. O seu obxectivo é estender o coñecemento e o ensino do braille.


|

Braille libroLibro escrito en braille.

A ONCE celebra os 10 anos da creación dos 'Clubs Braille', unha das iniciativas da organización para propiciar a extensión deste sistema de lectoescritura, con motivo do Día Mundial do Braille, que se celebra este 4 de xaneiro.


Segundo precisa a entidade, actualmente existen preto de 40 'Clubs Braille' xestionados pola ONCE en toda España, con presenza en todas as comunidades autónomas (en Galicia están na Coruña, Vigo, Pontevedra e Santiago). O seu obxectivo é que tanto os afiliados á ONCE como o resto da cidadanía poidan coñecer este código de lectoescritura desde todos os seus ángulos: o educativo, o cultural, o uso do braille na vida cotiá e no lecer.


Desta forma, nos 'Clubs Braille' levan a cabo máis de 30 tipos de actividades para estender o seu uso e o seu coñecemento como o ensino do Braille a persoas da contorna das persoas con discapacidade visual (familia, amigos ou formadores); a organización de xornadas de portas abertas nos centros da ONCE para coñecer o Braille máis de preto; e a participación en diversos eventos como o Día do Libro ou a Semana da Discapacidade, entre outros.


Así, o coñecemento e o uso do Braille entraron en universidades, bibliotecas públicas, restaurantes e na sanidade, e está presente en envases de produtos.


En concreto, a Comisión Braille Española (CBE) realizou máis de 400 asesoramentos en 2017 en etiquetaxe de bens e servizos.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE