A Garda Civil intercepta en Corcubión máis de 257kg de marisco ilegal

Os furtivos aproveitan a alta demanda desta época para levar o marisco ilegal ao mercado. 


|


Marisco


A Garda Civil da Coruña informou da intervención en Corcubión nos últimos días dun total de 257,2 quilos de marisco extraído ou transportado de maneira ilegal. En concreto, os feitos déronse na zona de Camariñas, Corcubión, Praia de Ézaro e Carnota.


Por unha banda, no transcurso de varios operativos de vixilancia púidose detectar a extracción ilegal de 34 quilos de ourizos, 51 quilos de berberechos e 1,2 quilos de angula mariscados por persoas carentes de autorización para realizar este tipo de actividades. Doutra banda, en distintos controis na estrada comprobouse o tránsito irregular de 111 quilos de centola, 43 quilos de nécora e 17 quilos de santiaguiño que carecían da correspondente documentación para o seu transporte.


A totalidade dos especímenes, unha vez intervidos pola Garda Civil, foron retornados ao mar en presenza dos denunciados e confeccionáronse as correspondentes actas, que foron posteriormente remitidas á autoridade competente da Xunta de Galicia. Esta práctica do marisqueo ilegal é moi común nestas épocas do ano, xa que os furtivos aproveitan a alta demanda que xeran as festas do Nadal para levar ao mercado toda a mercadoría extraída de forma ilícita. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE