​A Xunta ponse seria coas distancias de seguridade das plantacións

Medio Rural inicia unha campaña para controlar o arborizado nas marxes das estradas.


|

Arboles distancia axente forestalOs axentes ambientais controlan as plantacións.


A Consellería do Medio Rural iniciou no último trimestre do ano unha campaña para controlar as plantacións de arborizado nas marxes das estradas, co obxectivo de que estas cumpran coas distancias regulamentarias.


Nun comunicado, o departamento que dirixe Ángeles Vázquez explicou que, a través desta iniciativa, revisou 85 predios dos cales logrou que se adaptasen á normativa 43. O resto está en proceso.


En concreto, en outubro Medio Rural comezou na provincia da Coruña os traballos para facer cumprir este apartado da Lei de Montes. Para iso, a través de fotografías aéreas identificáronse aquelas parcelas que parecían incumprir a normativa. A continuación, fíxose unha comprobación de campo e, no caso de confirmar irregularidades, identificouse aos propietarios mediante a información catastral.


Arboles distancia balizamento

Como novidade, a Xunta instalou en cada unha delas un cartel indicando que a citada plantación era ilegal, os motivos e a sanción á que se expoñían os propietarios en caso de non actuar para corrixir a infracción. A multa vai de 100 a 1.000 euros no caso de infraccións leves e de 1.001 a 100.000 euros para as graves.


Os afectados teñen un prazo de actuación, que se indica no propio cartel, ata que os técnicos da Xunta volvan inspeccionar a zona.


BALANCE


Respecto dos resultados, das 85 parcelas identificadas, corrixíronse as infraccións en 43 delas. Noutras oito está a traballarse na actualidade e outras seis xa teñen denuncias en tramitación. Nos 28 restantes, a Xunta está a falar cos propietarios para resolver a situación.


A Consellería do Medio Rural sinalou que as actuacións continuarán en 2018 e estenderanse a toda Galicia dado os bos resultados que están a dar.


relacionada A Xunta deixa para o outono os traballos de prevención de incendios forestais
relacionada A Fiscalía presentará "en breve" un estudo "ambicioso" sobre a vaga de incendios

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE