Atopan bolsiñas de cocaína listas para vender nun bar da zona universitaria
Sospeitaban que o responsable do local "trapicheaba" cos clientes. Acháronlle uns 20 gramos preparados para vender.
A Policía Nacional detivo o responsable dun bar, situado na zona universitaria de Ourense, acusado dun delito contra a saúde pública, porque no seu establecemento achouse cocaína preparada en bolsas para a súa distribución entre a clientela.
A detención produciuse na noite deste xoves, no transcurso dunha inspección dun bar sobre o que recaían sospeitas de que se "trapicheaba" con substancias estupefacientes entre os clientes.
Así, identificouse o responsable do local e procedeuse a realizar a requisa na que se lle interveñen, na zona da cociña, dentro dun bote de sal unha bolsa con cocaína cun peso aproximado de 7 gramos.
Nun estante da mesma cociña, había un prato catro bolsiñas pequenas tamén con cocaína, cun peso aproximado de 2 gramos e noutro estante superior da dita cociña, encima dunha bandexa do forno, outra bolsiña de plástico contendo no seu interior 10 gramos de cocaína aproximadamente.
Na mesma mesa e caldeiro do lixo, foron intervidas bolsas de plástico con cortes realizados para obter recortes preparados a modo de papelinas e así distribuíla entre os clientes.
O home, de 40 anos, é natural de Ourense, e contra el non constan detencións anteriores.
Escribe o teu comentario