O MAC outorga as súas bolsas de creación artística no estranxeiro a tres artistas galegos
Nova York, Bruxelas e os Alpes suízos son os destinos elixidos polos tres seleccionados.
Iranse a Nova York, Bruxelas e os Alpes suízos. Foto: MAC
O Museo de Arte Contemporánea (MAC) Gas Natural Fenosa outorgou os seus bolsas de creación artística no estranxeiro aos artistas Jacobo Bugarín, Christian García Bello e Irene Grau.
As axudas están destinadas a potenciar e difundir a creatividade dos artistas plásticos e visuais nados ou residentes en Galicia, precisan os promotores da iniciativa nun comunicado.
O xurado das Bolsas de Creación Artística no Estranxeiro Gas Natural Fenosa 2017, integrado por Mónica Maneiro, directora de Dardo Magazine; Iñaki Martínez, ex-director do MARCO, e Santiago Olmo, director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), acordou por unanimidade outorgar estas axudas.
Jacobo Bugarín (Santiago, 1983) desprazarase a Nova York par o seu proxecto 'Detrás da casa había un bosque'.
Christian García Bello (A Coruña, 1986) viaxará a Bruxelas para o desenvolvemento do seu proxecto 'Ascetisch Paysage'. Irene Grau (Valencia, 1986, residente en Santiago) desenvolverá o seu proxecto nos Alpes suízos.
Escribe o teu comentario