​O prezo do gasóleo comeza o Nadal en máximos desde xullo de 2015

En Galicia, o litro de combustible, tanto gasóleo como gasolina, sitúase uns 6 céntimos por encima da media española.


|

Combustibles gasolina


O prezo medio do litro de gasóleo repuntou esta semana ata os 1,137 euros, o seu nivel máximo desde xullo de 2015, ás portas do arranque das festas do Nadal, segundo datos recollidos por Europa Press a partir do Boletín Petroleiro da Unión Europea (UE). En Galicia, con todo, o máis habitual é atopar prezos por encima dos 1,20 euros por litro, segundo as cifras recollidas no Geoportal Gasolineras do Ministerio de Enerxía.


Tras a caída da pasada semana, o prezo do gasóleo, consumido por máis do 60% do parque automobilístico español, retomou esta semana a tendencia alcista ao encarecerse un 0,35%.


Así, o prezo medio do litro de diésel toca un novo máximo anual nesta recta final de 2017 e sitúase nuns niveis que non se vían desde finais do ano 2015.


Pola súa banda, o prezo medio do litro de gasolina tamén recuperou a senda de subidas esta semana, tras encarecerse lixeiramente (+0,08%), situándose nos 1,235 euros. En Galicia, o prezo máis habitual rolda os 1,29 euros, tamén uns 6 céntimos por encima da media.


Este repunte nos prezos dos combustibles prodúcese nunha época marcada polas festas de Nadal, nas que a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) prevé 17 millóns de desprazamentos desde este venres 22 ata o próximo 7 de xaneiro.


Con respecto ao Nadal do ano pasado, o prezo do litro de gasóleo é actualmente un 2,9% máis caro, mentres que no caso da gasolina custa un 1,64% máis.


Este comportamento nos carburantes coincide cun momento en que os prezos do cru de calidade Brent, de referencia en Europa, atópanse estabilizados por encima do listón dos 60 dólares. Este xoves, o barril de Brent cotiza a 64,37 dólares, mentres que o Texas americano se intercambia a 57,97 dólares.

relacionada Este ano acabará cos carburantes un 8,5% máis caros en Galicia que o pasado
relacionada Competencia e a Xunta atribúen os prezos dos carburantes á falta de gasolineiras

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE