Ryanair, a aeroliña que máis cobra por corrixir erros nos billetes de avión
Por xestións como cambiar o nome ou o apelido do titular ou por corrixir algunha errata ortográfica pódese chegar a pagar máis de 110 euros.
Por cambiar o nome ou apelido do titular.
A corrección de erratas nos billetes de avión pode resultar un servizo especialmente caro nalgunhas aeroliñas, que poden chegar a cobrar ata 160 euros por corrixir estes erros.
Ademais algunhas cobran máis caro por facer as xestións por teléfono ou no aeroporto, segundo un estudo elaborado pola web de viaxes Destinia.
Ryanair é, con diferenza, a aeroliña que máis cobra tanto por cambiar o nome ou apelido do titular como por corrixir algunha errata ortográfica: 110 euros por pasaxeiro se as xestións se fan ata dúas horas antes do voo pola web e 160 euros se o viaxeiro quere facelo por teléfono ou no propio aeroporto.
Norwegian fai gratis as correccións de erratas, iso si, de ata tres letras só, pero cobra 55 euros por traxecto, 100 en caso de voos internacionais de longa distancia, para cambiar o nome ou o titular desde a web.
Alitalia cobra 60 euros por cambiar ata tres letras, só se pode facer por teléfono, e non permite facer cambios nin de nome nin de titular.
En Vueling é gratuíto invertir a orde dos apelidos ou modificar o segundo deles por teléfono, para o demais cobra. O custo é 50 euros por traxecto máis a diferenza de tarifa por facer calquera cambio ou corrección desde a web e 50 euros se se chama por teléfono para cambiar o primeiro apelido.
CORRECCIÓNS CON 'PEROS'
En easyJet, KLM, Delta e Transavia emendar os erros tipográficos non ten custo. Tamén Lufthansa e Volotea permiten o cambio gratuíto de ata dúas letras só por teléfono.
Pola súa banda, Air Europa, Norwegian, Smart Wings, TAP Portugal, Wizz e Turkish Airlines realizan de maneira gratuíta os cambios de ata só tres letras no titular do billete. Binter accede tamén a cambiar gratuitamente ata tres letras pero cambios maiores, implican emitir un novo billete e o reembolso suxeito a que a aeroliña o aprobe.
As aeroliñs do grupo IAG, Iberia e British Airways, permiten modificar gratis unha letra pero só por teléfono.
Outras aeroliñas son máis estritas e non permite facer cambios de titular nin modificar o nome. Estas son : American Airlines, Emirates, Alitalia, Binter, Air France, KLM, Delta, Lufthansa, TAP Portugal, Iberia, British Airways, Air Europa, Qatar, Turkish Airlines e Smart Wings.
Escribe o teu comentario