O comercio ilegal de animais en Galicia: "un pozo negro de abandonos"
Animalistas instan á Xunta a "sancionar ás páxinas web que difunden este tipo de prácticas"
O comercio ilegal de animais a través de Internet é "un buraco negro de abandonos", tal e como aseguran a Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber, e instan á Xunta a "sancionar ás páxinas web que difunden este tipo de prácticas ilegais".
Debido á proximidade das datas do Nadal, ambos os organismos denunciaron este domingo o "descontrol absoluto sobre os anuncios de compravenda ou intercambio" de animais, que son empregados como "agasallo" a través de "transaccións irregulares".
Neste sentido, Libera e a Fundación Franz Weber incidiron en que "o 40% dos animais vendidos agora serán abandonados nos primeiros meses de 2018", porque foron "froito de compras compulsivas", o que acaba derivando en "falta de tempo para unha tenencia responsable".
Os animalistas explicaron que "os animais sen identificar son intercambiados ou deixados á súa sorte" e, posteriormente, "recollidos por servizos públicos ou entidades protectoras" xa en "condicións deplorables de abandono". Así, estas operacións ilegais "supoñen unha porcentaxe crecente" no número de abandonos da Comunidade galega: entre o 5 e o 10 por cento sobre o número total.
Así mesmo, sinalaron como exemplo unha "plataforma dixital" que acumula 145 anuncios coa palabra crave "pitbull". Nela aparecen "centos de ofertas de animais domésticos", pero "a inmensa maioría non cumpre cos requisitos mínimos". Os animalistas apuntan a "unha crecente fraude fiscal", xa que os anuncios "non contemplan números de identificación fiscal dos vendedores", polo que non devengarían IVE nin outro tipo de imposto pola transacción.
Escribe o teu comentario