Luis Villares avoga por unha nova ordenación territorial para evitar máis incendios

Busca que se promova unha transición "ordenada" entre o rural e as cidades


|


Villares


O portavoz de En Marea, Luís Villares, defendeu unha nova ordenación do territorio que promova que a transición entre o rural e as cidades sexa "ordenada", para evitar que incendios como os rexistrados a mediados de outubro e que afectaron a cidades como Vigo volvan repetir.


O maxistrado en excedencia lucense participou este sábado en Carvantes (Lugo) nas xornadas organizadas polo partido instrumental para presentar as alternativas que En Marea propón para o rural galego.


Así, ademais desta nova ordenación do territorio, a formación tamén defendeu a posta en marcha dunha nova política forestal que teña carácter multifuncional e que combine especies, así como outra política agrogandeira que recupere superficie abandonada. "Iso faría de devasa natural, do mesmo xeito que dotar de servizos ao rural para que a xente non teña que emigrar", sinalou.


Segundo indicou En Marea, evitar que se volvan a repetir ondas de lumes como as que hai dous meses arrasaron máis de 49.000 hectáreas de superficie en Galicia require unha abordaxe "integral" que, ademais, asuma "o cambio climático" e inclúa a posta en marcha dun novo sistema de emerxencias e de prevención.

relacionada Fomento "deixa a Galicia fóra" dos investimentos ferroviarios en cercanías
relacionada O PSdeG tratará de "aproveitar" o seu "novo ciclo" nas municipais de 2019

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE