Galicia perde explotacións agrícolas o dobre de rápido que outras comunidades
Desde 2013 funcionan unhas 3.400 explotacións menos.
Galicia perdeu un total de 3.383 explotacións entre 2013 e 2016, ao pasar de 78.377 a 74.994, unha baixada do 4,3% neste período, o que supón máis do dobre de caída que a media estatal (-2,1%).
Así figura na enquisa sobre a Estrutura das Explotacións Agrícolas (EEA) do Instituto Nacional de Estatística (INE), publicada este venres.
As hectáreas que ocupaban estas explotacións galegas en 2013 eran 918.000 e descenderon ata 863.677. Aquí, a superficie agrícola utilizada baixou nunhas 34.000 hectáreas, de 655.519 a 621.643, un 5,2% de retroceso. Esa caída de superficie agrícola utilizada é moito maior en Galicia que o descenso do 0,3% da media estatal.
Neste sentido, Galicia conta co terceiro tamaño medio máis pequeno por explotación (8,35 hectáreas), pois só é inferior en Canarias (4,17) e Comunitat Valenciana (5,53). De feito, a superficie agrícola pasou en España de 24,67 hectáreas de media en 2013 a 25,06 en 2016.
CABEZAS GANDEIRAS
Respecto das distribución xeográfica das especies gandeiras en 2016, o maior número de bovinos concentrouse en Castela e León con máis de 1,3 millóns de cabezas, Galicia (954.185) e Estremadura (764.439).
Cataluña foi a primeira Comunidade en número de porcinos, con máis de 6,5 millóns de cabezas, seguida por Aragón, con 5,4 millóns, e Andalucía, con 1,9 millóns. En Galicia hai máis de un millón.
En canto ao número de aves, destaca Cataluña con máis de 43 millóns de cabezas, Andalucía (25,7 millóns) e Castela-A Mancha (23,7 millóns). En Galicia son máis de 23.
Escribe o teu comentario