Inditex volve aumentar beneficios e a súa presenza alcanza os 94 mercados
Inditex rexistrou un beneficio neto de 2.341 millóns de euros durante os nove primeiros meses do seu exercicio fiscal (desde o 1 de febreiro ao 31 de outubro), o que supón un aumento do 6% respecto ao mesmo período do exercicio anterior, segundo informou este mércores a compañía téxtil galega.
As vendas situáronse en 17.963 millóns de euros, un 10% máis respecto ao mesmo período do ano anterior cando creceron un 11%.
No primeiros nove meses do seu ano fiscal Inditex abriu 212 tendas en 52 mercados e elevou a 94 o número de mercados nos que está presente.
Escribe o teu comentario