Inditex inviste 57 millóns en crear unha plataforma loxística téxtil na Laracha

|

Inditex


O grupo Inditex, con sede en Sabón, investirá un total de 57 millóns de euros en construír unha plataforma loxística de recepción, almacenamento e clasificación de tecidos e accesorios téxtiles na Laracha (A Coruña), que traballará "totalmente integrada" coa plataforma loxística de Arteixo, concello limítrofe.


O Ministerio de Fomento informou da compra efectiva de 26 parcelas que suman uns 218.000 metros cadrados no parque empresarial da Laracha por parte de Inditex e fontes da compañía ratificaron este paso, que supoñerá un desembolso de 12 millóns de euros.


A construción da plataforma loxística de recepción, almacenamento e clasificación de accesorios téxtiles que Inditex prevé construír na localidade coruñesa, duns 90.000 metros cadrados, supón un investimento doutros 45 millóns. Fontes da compañía explicaron que o obxectivo é que o novo centro estea operativo no verán de 2018.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress