O consello dun viandante a un condutor siniestrado: “Se o deixas aí non o vai a ver nin Deus”
A espectacularidade do sinistro contrasta coa calma do seu único ocupante, que sae do vehículo polo seu propio pé e sen lesións aparentes.
“-Entraches un pouco lanzado eh!
-Que bah, entraba amodo!”
Dúas opinións contrarias pero un mesmo resultado: un coche envorcado fóra da vía, posto totalmente en vertical e coas rodas traseiras aínda virando. A espectacularidade do sinistro contrasta coa calma do seu único ocupante, que sae do vehículo polo seu propio pé e sen lesións aparentes.
O viandante que capturou as imaxes do accidente tampouco queda atrás en lindezas. “Se non bebiches nada, pero se bebiches non chames ao guindastre que che quitan o carné Non sexas parvo!” dille o home que grava o sinistro ao condutor. Unha pésima recomendación nunha situación tan aparatosa. Con todo, o mellor para non sufrir accidentes é non conducir baixo os efectos do alcol.
Escribe o teu comentario