​A diferenza entre nacementos e mortes acentúase

|

Demografiacarritobebe


O crecemento da poboación española segue en números vermellos. Segundo o Movemento Natural da Poboación difundido este mércores polo Instituto Nacional de Estatística, ao longo do primeiro semestre do ano morreron en España 32.132 persoas máis das que naceron, o valor máis elevado desde que en 2015 comezou esta tendencia.


En Galicia as cifras continúan entre as peores de España, pois de todo ese balance negativo, 7.942 persoas eran galegas, o que supón practicamente unha cuarta parte de toda a poboación que perde o país.


En concreto, de xaneiro a xullo naceron en España 187.703 bebés, un 6,3% menos que no mesmo período do ano anterior, consolidando así a tendencia decrecente que se iniciou en 2008 e que só se detivo en 2014, cun leve incremento no número de nacementos. En Galicia, a caída é menor, dun 5,8%, pero a cifra de nacementos xa era baixa, cun de cada 20 dos que nacen en España.


Mentres, faleceron no mesmo período 219.835 persoas, un 4,5% máis que no mesmo período de 2016, polo que a diferenza entre mortes e nacementos acentuouse. En Galicia, as defuncionas creceron só un 2,3%, aínda que xa era a quinta comunidade con maior cifra, máis ou menos proporcional á poboación.


O INE atribúe o incremento desta brecha a que "os primeiros semestres de cada ano se caracterizan por ter maior mortalidade e menor natalidade que os segundos".


relacionada Case 40.000 galegos menos en idade de traballar na última década
relacionada O envellecemento do rural e o reto demográfico convértense nunha prioridade europea
relacionada Galicia perdeu 9.495 habitantes en 2016, o sexto ano consecutivo de sangría demográfica

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress