Recuperado o neno Xesús do belén municipal tras "pasa a noite no cuartel"
A figura do belén municipal ferrolán foi sustraida a durante a madrugada do martes ao miercoles.
Noite atarefada para o neno Xesús en Ferrol. A figura do belén municipal foi subtraída a pasada madrugada por un mozo de 23 anos, pero a intervención policial logrou recuperar a figura, que será restablecida na Praza de Armas da localidade.
Tal e como informa o comunicado do Concello de Ferrol, a Policía Local "frustrou a tentativa de furto" do neno Xesús colocado desde o martes día, que forma parte da iluminación deste Nadal. Os feitos ocorreron durante a madrugada de de o martes ao mércores, poucas horas despois de colocar o nacemento. As mesmas fontes municipais relatan que unha patrulla en quenda de noite observou a un mozo, de 23 anos e veciño da cidade, sobre as 06:30 horas cando camiñaba a poucos metros da Praza de Armas coa peza do neno Jesús nas mans.
O suxeito foi identificado como o presunto autor dos feitos, e desde a Policía Tolal informaron que o neno Xesús "pasou a noite" nas súas dependencias do cuartel de San Xoán "como convidado dos axentes municipais, non baixo arresto", segundo matizan no seu twitter. Ao longo deste xoves está previsto que sexa reposto no seu lugar correspondente por operarios municipais do Consistorio "para quedar á beira do resto das pezas tras a súa aventura noctámbula", conclúe o comunicado. Sen dúbida toda unha aventura para empezar as festas na cidade departamental.
Escribe o teu comentario