As entradas para ver a Ringo Starr na Coruña saen á venda este martes

|

RingoStarr


O exBeatle Ringo Starr ofrecerá o próximo 29 de xuño na Coruña un dos catro concertos que ofrecerá en España ao longo da súa xira europea que comezará o 6 de xuño en Paris. E este martes póñense á venda as entradas para acudir ao evento.


En total, serán 21 espectáculos con concertos en países como Austria, Bélxica, Dinamarca, Finlandia ou Alemaña, aos que seguro que acudirán os seguidores máis incondicionais do mítico grupo de Liverpool só por ver ao que no seu día foi o batería dos The Beatles.


Ringo e o seu All Starr Band acaban de terminar a xira americana cunha actuación no emblemático Beacon Theatre de Nova York con todas as localidades esgotadas e esperan que o éxito lles acompañe na súa nova xira europea.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress