Viaqua volve poñer persoal e vehículos a disposición da 'Gran Recollida' de alimentos
O Banco de Alimentos de Galicia fará chegar ás familias necesitadas os alimentos doados este venres e sábado.
É o terceiro ano que Viaqua colabora. Foto: Viaqua
A empresa de xestión da auga Viaqua, implantada en numerosos concellos de toda Galicia, colabora outro ano máis co Banco de Alimentos de Galicia na campaña 'A Gran Recollida 2017', que se celebra este venres 1 e o sábado 2.
Esta colaboración, tal e como informa a empresa nun comunicado, traduciráse na "posta a disposición de vehículos da frota da empresa para trasladar os alimentos doados polos cidadáns en tendas e supermercados das cidades de Santiago, Ourense e Pontevedra". Ademais, persoal voluntario de Viaqua participará na recollida e posterior selección de alimentos nos respectivos almacéns da entidade benéfica.
A campaña galega enmárcase dentro da que se desenvolverá a nivel estatal baixo o lema 'Pequenos xestos que dan vida".
Ademais, con esta colaboración, Viaqua tamén se suma á concienciación das persoas sobre a necesidade de practicar un consumo responsable de alimentos, evitando o seu desperdicio.
Escribe o teu comentario