Máis vehículos eléctricos para a frota de empresa de Viaqua
A concesionaria de xestión da auga incorpora outras cinco furgonetas e un coche para os seus distintos servizos en Galicia
José Antonio del Rey e Julio Masid, no concesionario. Foto: Viaqua
Os vehículos eléctricos son na actualidade unha vía eficaz para reducir a contaminación ambiental. Por iso son unha opción que elixen, cada vez máis, as empresas comprometidas coa sustentabilidade.
Este mércores, a empresa de xestión da auga Viaqua incorporou á súa frota cinco furgonetas e un coche (ambos, modelos de Renault: Kangoo e ZOE, respectivamente) que se poñerán a disposición dos diferentes servizos que xestiona a empresa en Galicia.
O Director Territorial e o Director de Operacións da empresa, Julio Masid e José Antonio del Rey, respectivamente, encargáronse de recepcionalos no concesionario de Renault en Santiago de Compostela.
Nun comunicado, a empresa destaca que "continúa facendo efectivo o seu compromiso no ámbito da innovación, o desenvolvemento sustentable, e a mellora do medio ambiente, contribuíndo a reducir as emisións de CO2 á atmosfera e a loitar contra o cambio climático, apostando por unha mobilidade sustentable e respectuosa co medio ambiente".
Escribe o teu comentario