A alcaldesa Lara Méndez pon data á liquidación da débeda financeira

A rexedora de Lugo considera “inxusto” que non poidan utilizar o superávit que marca as arcas lucenses. 


|

Laramendez


A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, considerou “inxusto” que as administracións locais non poidan investir o seu superávit. Ante isto, a edil lucense solicita ao Goberno central que se levante ese límite de gasto imposto aos municipios. Así o anunciou durante unha entrevista na Radio Galega, onde tamén explicou que o concello terá liquidada a súa débeda financeira a finais deste ano.


Doutra banda, a alcaldesa tamén chamou ao entendemento aos grupos da oposición para aprobar os orzamentos do ano próximo en lugar de manter as contas prorrogadas. Ademais, tras evidenciar a "desilusión" da súa provincia ante as "promesas incumpridas" da Xunta, lembrou que esta semana se celebra o 17 aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade


En canto á situación de seca que atravesa a comunidade, a rexedora lucense ha indicado que conta cun plan de urxencia no caso de que se prolongue. Polo momento xa se está abastecendo con cisternas a núcleos rurais onde os pozos están secos, aínda que confía que as choivas terminen chegando a Galicia e axuden a paliar a seca.


Noutra orde de cousas, a alcaldesa tamén abordou a actualidade do PSOE, por mor de que o vindeiro domingo se celebrarán as primarias para elixir o seu líder provincial en Lugo, afirmando que xa ten escollido ao candidato polo que vai votar. Á dirección preséntanse o portavoz da Deputación, Álvaro Santos, o rexedor de Castroverde, Xosé María Arias e a tenente de alcalde de Burela, Patricia Otero. Con todo, preferiu non revelar a súa preferencia, como xa fixera na votación pola dirección do PSdeG.

relacionada O PP lucense presiona ao Goberno central para que "materialice" a promesa do AVE

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE