O Corte Inglés culmina as ofertas do 'Black Friday' co seu 'Cyber Monday'
A compañía ofrece hoxe mesmo máis de 60.000 ofertas online en todos os seus departamentos
O Corte Inglés celebra este luns, como colofón da marea de ofertas e rebaixas que deixou o 'Black Friday' este fin de semana, o chamado 'Cyber Monday' con máis de 60.000 ofertas online en todos os seus departamentos, segundo informou a propia compañía.
O 'Cyber Monday' do Corte Inglés chega con forza na súa quinta edición desde as 22.00 de onte e durante todo o día de hoxe, reforzando a súa posición no comercio europeo dixital e tras incrementar as súas vendas nun 70% con respecto ao 'Black Friday' do ano pasado.
Algunhas das ofertas e descontos
En concreto, as marcas de moda, fogar, lenzaría ou equipaxe presentan descontos de ata o 60%, onde os clientes poden atopar desde bolsos, abrigos ou xerseis, ata decoración e maletas.
En deportes, os descontos son de ata un 50% en roupa e zapatillas deportivas de marcas como Nike, Adidas ou Converse, mentres que a tecnoloxía ofrece promocións en teléfonos móbiles e computadores, un 40% de desconto nunha selección de electrodomésticos e televisores.
Doutra banda, os pedidos superiores a 50 euros non suporán gastos de envío, e os clientes terán a oportunidade de cambiar ou devolver en tenda calquera produto sen custo algún ata o mes de xaneiro. Ademais, poderán realizar todas as súas compras de Nadal nun só pedido e solicitar, gratuitamente, empaquetado para agasallo.
Escribe o teu comentario