Autoridades do Estado despiden a Maza na capela ardente instalada na Fiscalía
Pedro Sánchez precisou que o Goberno aínda non se puxo en contacto con el para comunicarlle o candidato que substituirá a Maza.
Chegada do féretro á Fiscalía.
O presidente do Goberno destacou este martes na capela ardente do recentemente falecido fiscal xeral do Estado, José Manuel Maza, que foi unha persoa "recta, xusta, equilibrada, sensata" ademais de alguén "coñecedor da realidade na que se movía".
"Levaba un ano na súa responsabilidade, tiven oportunidade de tratalo en numerosa ocasións ao longo deste ano", sinalou Rajoy á saída da capela ardente, tras compartir preto de 20 minutos coa familia do falecido, do que resaltou que era un "excelente xurista".
Á primeira hora da mañá o ministro de Xustiza, Rafael Catalá, e os presidentes do Tribunal Constitucional e do Tribunal Supremo, Juan José González Rivas e Carlos Lesmes, respectivamente, esperaron a chegada do féretro.
Tamén Pedro Sánchez visitará este martes a capela ardente co féretro do fiscal xeral do Estado José Manuel Maza, para renderlle tributo en nome do principal partido da oposición.
O secretario xeral do PSOE precisou que o Goberno aínda non se puxo en contacto con el para comunicarlle o nome ou perfil do candidato potencial a substituír a Maza, pero avanzou que está disposto a escoitar con atención a proposta do xefe do Executivo neste sentido.
Escribe o teu comentario