A XXVII edición da Semana de Cinema Submarino chega ao Teatro Afundación de Vigo

|

FdUn dos fotogramas de "SyngDoc: O descoñecido mundo dos signátidos".


O Teatro Afundación de Vigo acollerá, do 22 ao 24 de novembro, a Semana de Cinema Submarino, na que se estrearán dúas producións galegas, e proxectaranse outros documentais sobre a riqueza das profundidades mariñas. O evento está impulsado pola Universidade de Vigo e xa vai pola súa vigesimoséptima edición. As sesións serán a partir das 20:00 horas e a entrada será gratuíta, ademais de sesións matinais para grupos escolares.


As proxeccións comezarán o mércores 22 de novembro con dous traballos asinados por National Geographic: 'O home e a natureza. Oceános', que aborda o vínculo entre o home e o animal a través das experiencias do doutor M.Sanjayan; e 'A vida secreta das perlas', sobre o descubrimento desta xoia mariña. Fran Ramil, profesor de Zooloxía, será o presentador e moderador do debate nesta primeira xornada.


O 23 de novembro poderán verse outras dúas películas: 'Siluros, as quenllas de río', de National Geographic, e 'Mareas Vermellas', unha produción galega do FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía) e do CSIC. A xornada será presentada e moderada polo investigador do Instituto Español de Oceanografía, Francisco Rodríguez, experto en fitoplancto e membro do grupo de investigación sobre microalgas nocivas e mareas vermellas.


As xornadas concluirán o venres 24 de novembro, proxectarase 'O arrecife secreto de Cuba' de National Geographic, que mostra como sería o Caribe sen a intervención da man do home; e a segunda das películas galegas, 'SyngDoc: O descoñecido mundo dos signátidos', familia de peixes da que forman parte os caballitos de mar, os peixes pipa ou os dragones de mar. O invitado da xornada será precisamente o coordinador deste segundo documental, o biólogo Miquel Planas, investigador titular do CSIC. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress