A Cidade da Cultura acolle este fin de semana a III Maker Faire Galicia

Ten como obxectivo reunir aúnar proxectos creativos de distintas áreas temáticas, partindo da cultura maker como base


|


Makerfaire 1


A concelleira de Turismo, Marta Lois, e a organizadora do evento, Matilde Rodríguez, presentaron este luns a terceira edición da Maker Faire Galicia,  que ten como obxectivo reunir nun proxectos creativos de distintas áreas temáticas partindo da cultura maker como base: robótica, impresión 3D, electrónica, arte urbana, música, gastronomía... A edición deste ano terá lugar na Cidade da Cultura do 24 ao 26 de novembro.


A cultura maker configurouse como unha poderosa tendencia que gañou  gran peso durante os últimos anos. Entendida por moitos como unha derivación das técnicas "Faino Ti Mesmo", a reparación ou creación de produtos por un mesmo, o movemento maker parte deste concepto e aproveita as oportunidades que ofrecen as novas ferramentas tecnolóxicas, para así levalo a outro nivel. Desta forma, a Maker Faire Galicia aúna toda clase de proxectos emprendidos por persoas que cren nesta filosofía.


Os inicios do evento remóntanse a 2015 en Área Central, cando era "modesto e con poucos recursos", segundo describiu Marta Lois. Agora, a Maker Faire Galicia é a máis importante de toda a península, e atópase entre as cinco primeiras de toda Europa. A súa terceira edición ampliará a súa programación habitual un dia máis, o venres 24 de novembro, dedicado exclusivamente ao sector empresarial,  a industria 4.0 e as posibilidades económicas do movemento maker, tal e como comentou a organizadora Matilde Rodríguez.


Ruedaprensa


Sen dúbida, o prato forte deste ano será a presenza do archiconocido Richard Stallman, o home que asentou as bases do software libre coa creación do sistema operativo GNU (parte de GNU/Linux) e a fundación Free Software Foundation, que promove o uso de software libre en institucións públicas. Stallamn forma parte do Salón da Fama da internet e foi nomeado doutor Honoris Causa por varias universidades.


A terceira edición da Maker Faire Galicia dispoñerá ademais dun "maker space" onde se expoñerán os quince proxectos máis "innovadores e profesionais", segundo declarou Matilde Rodríguez. A organizadora asegura que o evento será mais "internacional" con participantes de Italia, Francia e Estados Unidos, e que superará a media de makers con respecto a anteriores edicións.


O evento dispoñerá dunha gran variedade de charlas, expositores, obradoiros e actividades, e da presenza de personalidades recoñecidas como Idoia Cuesta, premio nacional de Artesanía. Tamén contará coa nova sección de "minimakers", dedicada aos máis pequenos


relacionada 'Soul Maxín' e 'Astrogirl' gañan o concurso de bandas emerxentes 'Outra+Outra'
relacionada A curtametraxe 'Matria' do galego Álvaro Gago gaña a 47ª edición do Festival Alcine

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE