Criticas do Goberno venezolano á reunión entre Ledezma e Rajoy en Madrid

Desde Venezuela emitiron un comunicado oficial cualificando o acto como un "acto inamistoso"


|


Venezuela 3 1


O alcalde metropolitano de Caracas, Antonio Ledezma, chegou onte a España como un opositor exiliado polo goberno de Maduro. Ledezma reuniuse con Mariano Rajoy despois da súa chegada a Madrid, o que provocou o enfado do goberno venezolano que considera o feito como un "acto inamistoso".


"O Goberno Bolivariano de Venezuela expresa o seu rexeitamento ante as accións do presidente do Goberno de España, Mariano Rajoy, tras recibir ao prófugo da xustiza venezolana Antonio Ledezma, axuizado polos delitos de conspiración e asociación para delinquir" manifestou o chanceler Jorge Arreaza nas redes sociais. Pola súa banda, o goberno expresou mediante un comunicado oficial que este acto supón unha ?continuación dunha longa lista de agresións e inxerencias que se cometen contra o pobo e Goberno bolivariano?


Ademais, consideran que o presidente Rajoy está "a violar todos os principios do Dereito Internacional ao dar protección e apoio sostido a un grupo extremista da oposición violenta venezolana, quen violou os principios democráticos e promoveron a desestabilización do goberno lexítimo do noso país". Á súa vez, denuncia que este feito se "inscribe na estratexia de grupos minoritarios da extrema dereita para sabotear os esforzos e avances no diálogo político en Venezuela"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE