Acollen aos outros tres fillos da nai do bebé abandoado
As investigacións policiais sobre a detida seguen o seu curso mediante o rexistro da súa vivenda
Os outros tres fillos da nai que arroxou ao seu bebé a un colector de lixo en Ourense durante o pasado mes de setembro xa foron acollidos por unha familia. Así o confirmou hoxe mesmo a delegada da Xunta de Ourense, Marisol Díaz Mouteira, que non descartou novas actuacións do Goberno galego en función das investigacións policiais.
Os tres menores atópanse reunidos na mesma familia de acollida, e o seu traslado produciuse antes de transcorrer 24 horas despois da detención da súa nai por un suposto delito de asasinato en grao de tentativa. Os técnicos da Policía Social "seguen traballando" no caso, segundo explicou Marisol Díaz Mouteira.
As mostras de ADN recollidas no colector foron fundamentais para a investigación.
Tomouse declaración a varias persoas da contorna familiar da nai do bebé, e procedeuse ao registro da súa vivenda do barrio de Ou 21. A detida pasará a disposición xudicial este mesmo venres pola mañá.
Escribe o teu comentario