'The Suffers' pechará o Outono Códax Festival en Santiago
A banda, natural de Texas, encherá de soul a cidade compostelá.
A banda de soul 'The Suffers'
Unha das bandas revelación do panorama internacional do soul, 'The Suffers', será a encargada de clausurar o Outono Códax Festival en Santiago este sábado 18 de novembro.
Os texanos sairán a escena a partir das 20:30 horas na Sala Capitol, poñendo outro ano máis o punto seguido ao festival galego enfocado á música negra, que xa vai pola súa sétima edición cunha gran aceptación entre o público.
Para o grupo estadounidense supón a "primeira e exclusiva visita a Galicia", polo que os fans deste xénero musical teñen unha oportunidade única para gozar dun dos mellores grupos do momento. Coa inconfundible voz Kam Franklin á fronte da banda, a velada de amenizará antes da súa saída ao escenario co grupo 'Suggar Daddy & The Cereal Killers', un grupo que desde a organización definen como "unha locomotora de rhythm&blues que nos seus concertos non esquecen nin o swing nin o boogie woogie".
Escribe o teu comentario