Un foro de expertos busca en decembro "solucións concretas" ao botellón
O día 14 celebrarase en Ourense, coa idea de trasladar ás autoridades as medidas propostas.
A cidade de Ourense acollerá o próximo 14 de decembro un foro de profesionais que pretende achegar 'Solucións concretas ao problema do botellón'.
Organizado pola Fundación Galega contra o Narcotráfico en colaboración co concello, participarán expertos en servizos sociais, sanidade, condutas adictivas, colectivos xuvenís, seguridade, educación psicoloxía e socioloxía.
As conclusións e propostas deste encontro profesional serán elevadas ás distintas administracións e autoridades para que poidan ser "de aplicación inmediata".
Escribe o teu comentario