As mulleres atacadas por cans seguen ingresadas graves no Cunqueiro
Fachada do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.
A saúde das veciñas de Mos e Covelo atacadas por cans segue sendo grave, aínda que no caso da muller de Mos de 76 anos non se teme pola súa vida. Ambas están a ser tratas no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, aínda que o máis preocupante é o da veciña de Covelo, de 82 anos, á que lle tiveron que amputar as dúas pernas de urxencia tras o ataque dos cans e que permanece "grave con prognóstico reservado" segundo as fontes sanitarias.
A diferenza do caso de Covelo, onde os cans considerados 'potencialmente perigosos' carecían das vacinas e non figuraban nos rexistros municipais, o ataque á muller ferida en Mos foi dun can que se contaba con todos os permisos legais e veterinarios. Ademais, aínda que tamén se trataba dun can de raza 'potencialmente perigosa', pertencía á familia da vítima, mentres que no caso dos cans de Covelo eran propiedade dun veciño.
O can que atacou á muller de Mos, que responde ás inícialles M.C.R, estaba a nome do fillo da vítima, aínda que se estaba tramitando a transferencia de titularidade do can, de raza pitbull. A Garda Civil ha aberto dilixencias de coñecemento sobre este asunto, que pasarán ao xulgado que determinará o futuro do animal.
O ataque produciuse nun momento de "forte excitación do animal", segundo apuntan as primeiras hipóteses, como consecuencia dunhas obras de asfalto na calzada e de soltarse da cadea á que estaba amarrado. Como no caso dos dous dogos de Bordeus de Covelos, o pitbull foi custodiado polo Centro de Acollida e Proteccion de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra e levado ao canil da institución, onde foi sometido a diversas probas e posto en corentena.
Escribe o teu comentario