Daniel Minimalia regresa aos escenarios en Ourense pensando en "ser feliz cada día"

A cita, no Auditorio o 28 de outubro, supón o seu reencontro co público galego. Opta aos Grammy Latino co seu novo disco.


|

Minimalia


O músico ourensán Daniel Minimalia regresa á súa cidade o 28 de outubro para presentar o seu novo disco 'Origen', nomeado este ano ao Grammy Latino como mellor gravación instrumental. Tras máis dun ano de parón "por motivos de saúde", Minimalia volve aos escenarios "para ser feliz" e prometeu "sorpresas" ao público que acuda ao Auditorio Municipal.


O compositor explicou que se trata de "un concerto moi especial" co que quere reencontrarse co seu público ourensán despois do parón de actuacións. O músico confirmou o seu desexo de "deixar atrás" este desencontro que lle provocou "un ano difícil", para "ser feliz cada día" e "gozar" do seu nomeamento aos premios Grammy, na que compite con músicos de "recoñecemento internacional", como Tomatito ou Michel Camilo.


Así, o concerto ás 21,00 horas no Auditorio Municipal será a "única ocasión" para gozar en Galicia dos temas de 'Origen' antes de que se falle este premio musical.


CARLOS SANTANA


Aínda que non se atreveu a pronunciarse sobre as súas posibilidades de gañar o premio, Minimalia informou de que lle está "facendo as beiras" a Carlos Santana para tentar algunha colaboración musical.


"Está receptivo e espero ter unha cita con el en Estados Unidos. Espero que xurda porque é unha lenda e tivo moito peso nos anos 70. De guitarra a guitarra sería estupendo", concluíu.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE