O Goberno augura unha recesión en Cataluña que afectará á economía española
A vicepresidenta avisa que Puigdemont está ante "a oportunidade máis importante" para volver á legalidade.
Montoro presentou un informe que avala a previsión.
Soraya Sáenz de Santamaría alertou de que se están creando "todas as condicións para sumir a Cataluña nunha aguda desaceleración, mesmo nunha recesión económica". Por iso, dixo que é tempo de recuperar a normalidade institucional poñendo fin á "inestabilidade" e ofreceu a Puigdemont, abrir un diálogo no Congreso dos Deputados.
"Se non houbese unha pronta solución a este asunto deberiámonos ver obrigados a unha baixada das expectativas de crecemento económico para 2018", advertiu a vicepresidenta.
Na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros, Sáenz de Santamaría explicou que se Puigdemont ten "vontade política", ten a vía para "regresar ao marco constitucional de convivencia e ao sistema democrático de dereito".
Dito isto, subliñou que o requirimento a Puigdemont é "a oportunidade máis importante que ten e tena inmediatamente".
Escribe o teu comentario