Incautadas 4.000 plantas de marihuana nunha nave industrial

O operativo antrdroga, dirixido desde Madrid, atopou a plantación no polígono de San Cibrao das Viñas.


|

Marihuanaplanta



A Policía Nacional detivo a tres cidadáns chineses na provincia de Ourense e dous en Madrid no marco dun operativo antidroga que se saldou cunhas 4.000 plantas de marihuana intervidas.


Segundo informaron a Europa Press fontes próximas á investigación, está previsto que os tres detidos na provincia de Ourense pasen a disposición xudicial no Xulgado de Instrución Número 1 da capital ourensá.


O operativo, dirixido pola Comisaría Xeral de Madrid, contou coa participación de varios grupos da Policía Nacional, así como coa colaboración de Vixilancia Aduaneira.


En concreto, no rexistro levado a cabo nunha nave no polígono industrial de San Cibrao das Viñas (Ourense) interviñéronse unhas 4.000 plantas de marihuana, mentres que no efectuado nunha casa no municipio ourensán de Leiro os axentes levaron documentación sobre alugueres, entre outra.


As mesmas fontes consultadas explicaron esta foi a terceira fase dunha operación realizada no ámbito estatal que, nesta ocasión, desenvolveuse en parte en Galicia.



relacionada Desarticulado un grupo de narcotraficantes e incautadas 3.500 plantas de marihuana
relacionada Desmantelan un invernadoiro de marihuana nunha nave do Rosal

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE