Caballero cre que o PP "está a buscar unha alternativa" a Elena Muñoz como candidata

|

Elenamunhozvigo


O alcalde de Vigo afirmou este martes que o PP "está a buscar unha alternativa" a Elena Muñoz para a candidatura á alcaldía, tras constatar que o partido "está a facer unha enquisa" na cidade.


Segundo indicou, pregunta aos vigueses a súa valoración da propia Muñoz e doutras dúas políticas 'populares' da cidade: a secretaria de Estado de Economía, Irene Garrido; e a directora xeral de Administración Local da Xunta, Marta Fernández Tapias.


Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico sinalou que o PP, ao preguntar na súa enquisa por estas dúas últimas mulleres, "está a poñer unha bomba na liña de flotación da súa presidenta en Vigo". "É que están a buscar unha alternativa a Muñoz para as municipais en Vigo? Parece que si, moito non a fortalecen", aseverou.


Caballero, ademais, afirmou que el non necesita enquisas para coñecer a opinión dos vigueses: "Xa lles digo eu o que opina a xente de Vigo, seino moi ben. Non necesito enquisas", ironizou.


O PP de Vigo replica a Caballero: "O único que boicotea a cidade é el"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.