Banco Sabadell saca de Cataluña o seu domicilio social, pero non contemplou a Galicia

A entidade, que comprou Banco Gallego en plena crise, celebrou un pleno extraordinario.


|

SabadelledificioEdificio do Banco Sabadell en Barcelona.


Banco Sabadell decidiu este xoves o traslado do seu domicilio social fóra de Cataluña, ante a incerteza política e económica que xerou o desafío independentista.


A sede social situarase de agora en diante en Alacante. Segundo a entidade, a medida responde o obxectivo de protexer a clientela e en garantir a seguridade xurídica que proporciona o marco regulatorio do Banco Central Europeo.


Deste xeito, a entidade, que comprou Banco Gallego en plena crise, adiántase á celebración do pleno do Parlament de Cataluña do próximo luns suspendido polo TC, pero no que se podería aprobar a declaración unilateral de independencia.


Entre as cidades candidatas a albergar o domicilio social de Sabadell non había ningunha galega. Eran Madrid, Alacante e Oviedo, aínda que os servizos centrais da entidade seguirán situados en Barcelona.



Amplía esta información en Catalunyapress.

relacionada O TC suspende o pleno do parlamento catalán do luns a petición do PSC
relacionada Mobilizacións en Galicia ante "a próxima proclamación da República catalá"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE