Aprobada a primeira fase da estación intermodal de Santiago
O vicepresidente da Xunta espera que non haxa "ningunha discrepancia" co goberno municipal.
Proxecto da estación.
O Consello da Xunta aprobou este xoves a primeira fase do proxecto de integración da estación intermodal de Santiago de Compostela, que contará cun investimento de 11 millóns de euros.
A previsión, segundo avanzou o vicepresidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, é que a licitación desta primeira fase estea lista antes de finalizar o ano, de modo que a execución das obras dean comezo no primeiro semestre de 2018.
Na rolda de prensa posterior á reunión semanal do Executivo autonómico, Rueda esperou que non haxa "ningunha discrepancia" co goberno municipal compostelán, ao que, segundo lembrou, competen o deseño e a execución dos accesos.
Escribe o teu comentario