O fiscal pide 5 anos de cárcere para un ex concelleiro de Lugo por subornos

A solicitude tamén inclúe 574.000 euros de multa e inhabilitación por 15 anos para Fernández Liñares.


|

FernandezliaresFernández Liñares, ante os xulgados.

A Fiscalía pide cinco anos de prisión para o ex concelleiro de Lugo e expresidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil (CHMS) Francisco Fernández Liñares por un delito de branqueo de capitais e unha multa de 574.000 euros no marco dunha das pezas separadas da 'Operación Pokémon' en relación á recepción de subornos pola concesión de obras.


No escrito da Fiscalía Provincial de Lugo, o Ministerio Público solicita cinco anos de prisión, con inhabilitación para o dereito de sufraxio pasivo durante o tempo da condena; así como unha multa polo "duplo da cantidade obxecto de branqueo", de 574.000 euros, e inhabilitación absoluta por período de 15 anos e costas.


Mentres, para o administrador único da empresa Artenosa, Miguel García-Gesto, a Fiscalía pide a mesma pena de cinco anos de prisión por branqueo de capitais e multa de 574.000 euros e inhabilitación especial para emprego ou cargo público, profesión ou oficio, industria ou comercio período de seis anos e costas.


No escrito de acusación do Ministerio Fiscal conclúese que Liñares, concelleiro do Concello de Lugo desde 1999 ata o ano 2008, período no que exerceu como delegado de servizos públicos, policía e seguridade cidadá, de economía, emprego e zona rural, e de urbanismo, "aproveitándose do seu cargo, persoalmente ou a través de terceiras persoas, teceu unha rede de intereses económicos concedendo contratos, postos de traballo ou ben a xestión de servizos públicos a entidade nas que o acusado estaba interesado, a cambio de subornos ou cantidades periódicas coas que incrementou notablemente o seu patrimonio".


Ademais, a Fiscalía sinala que desde o 1 de xaneiro de 2009 ata o 29 de febreiro de 2012 foi presidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil, "onde seguiu a mesma práctica de recibir subornos dos concesionarios de obras".


"O mesmo acusado cifrou o importe do diñeiro recibido en subornos, na cantidade de 300.000 euros, aínda que a cantidade exacta non se pode fixar sen marxe de erro, cantidade que foi destinada á compra de bens inmobles, antigüidades e investimentos en sociedades", expón a Fiscalía no seu escrito.


OUTRO ACUSADO


Nesta peza figura tamén como acusado o administrador único da mercantil Artenosa Publicidades S.A., "quen mantiña frecuente trato e amizade" con Liñares, e "a propósito do orixe ilícita dos seus ingresos, beneficiouse e participou no branqueo dos mesmos".


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE