Rufián mete a Galicia no desafío independentista coa proclama: "Viva Galiza ceibe!"

O portavoz de ERC di que o referendo ilegal vale para "o resto de nacións sen Estado dese país de países chamado España".


|

RufianpunhoEstende o desafío ao "resto de nacións sen Estado".

O portavoz adxunto de ERC, Rafael Rufían, estendeu o desafío independentista que a Generalitat leva a cabo en Cataluña a outras rexións de España e expresou o "viva Galiza ceibe".


Así se pronunciou este mércores durante a sesión de control no Congreso, onde o ministro de Xustiza, Rafael Catalá, recalcou que é "mentira" que o referendo independentista suspendido polo TC sexa a "manifestación da democracia".


Rufián aproveitou a súa quenda para asegurar que o que está a buscar Cataluña "nin máis nin menos" é "recuperar o país que lle roubaron hai 80 anos" e continuou dicindo que o desafío independentista tamén se fai por España e polo "resto de nacións sen Estado dese país de países chamado España".


Esta afirmación levantou mostras de asombro e desconformidade no Pleno. "Viva Castela libre, viva Andalucía libre, gora Euskalherria askatuta, viva Galiza ceibe", expresou o deputado catalán.


Ademais, o deputado de ERC asegurou que ir votar este domingo non converte a ninguén en independentista, senón que, ao seu xuízo, o "fai demócrata, valente e antifascista".


"A ver se lle sobra algún ferry ou un 'a por eles' para ir buscar a boa xente que está afogando no Mediterráneo", dixo Rufián en relación ás embarcacións con axentes da Policía en Barcelona e cánticos de apoios á Garda Civil.


relacionada Preséntase en Ourense un manual para recoñecer as nacións sen Estado
relacionada Feijóo: "Non nos gusta o nacionalismo español, nin o galego, nin o vasco, nin o catalán"
relacionada Santamaría reclama unidade fronte a unha declaración unilateral de independencia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE