Feijóo: "Non nos gusta o nacionalismo español, nin o galego, nin o vasco, nin o catalán"

O presidente da Xunta non ve un problema político en Cataluña, senón "un problema de liberdades".


|

Feijoogrupopopular


Alberto Núñez Feijóo ratificou este mércores no Parlamento que "non" lle gusta o nacionalismo: nin o español, nin o vasco, nin o galego, nin o catalán. Ao tempo, subliñou que, fronte a quen suxire que en Cataluña hai un problema político, o que hai é "un problema de desacato ás leis", un "bodrio xurídico" no Parlament e "un problema de liberdades".


Así o manifestou nunha tensa sesión de control na que o portavoz de En Marea, Luís Villares, chegou a tachar de "narcochófer" ao presidente e afeoulle que "non lograse sacar a oposición" de maxistrado. Previamente, pediu a Feijóo unha "condena expresa" aos altercados que se produciron na asemblea de cargos convocada polo grupo de Unidos Podemos en Zaragoza, onde a presidenta das Cortes de Aragón, Violeta Barba, recibiu un golpe cunha botella.


"Imos condenar calquera tipo de atentado ou agresión que sufra calquera político ou calquera cidadán en España. Fixémolo sempre, cando nos tocou a nós, con atentados de Resistencia Galega", aseverou Feijóo. "Non distinguimos, non nos gusta o nacionalismo. Nin o nacionalismo español, nin o galego, nin o vasco nin o catalán", agregou, a continuación.


A continuación e fronte a quen ve un problema político en Cataluña, remarcou que a autonomía catalá vive "o maior desafío desde o golpe de estado do 23-F". Subliñou que "por encima dos políticos está a Constitución que foi aprobada polo pobo" e lembrou que el mesmo a votou.


"Os dereitos exércense de acordo coa Constitución. Sorpréndeme que quen a viola continuamente pida o seu amparo", remarcou Feijóo, antes de preguntar a Villares se "na súa anterior profesión", cando exercía como maxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia non a aplicaba "todos os días".


Finalmente, subliñou que "sen respecto á lei non hai dereitos dos cidadáns, non hai liberdades públicas, non hai liberdades individuais e non hai democracia".


relacionada Santamaría reclama unidade fronte a unha declaración unilateral de independencia
relacionada Os empresarios galegos rexeitan unha solución para Cataluña que incremente a desigualdade entre rexións
relacionada Os Mossos deberán precintar os colexios electorais e impedir que se monten as urnas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE