Un equipo da UVigo crea un videoxogo inspirado en 'A viaxe do elefante', de José Saramago

O grupo de innovación docente ComTecArt prevé presentar o primeiro nivel en Pontevedra en setembro.


|

VideojuegosaramagouvigoÉ obra dun equipo multidisciplinar. Foto: @COMTECART2017

O grupo de innovación docente ComTecArt, da Universidade de Vigo, traballa na creación dun videoxogo inspirado na obra 'A viaxe do elefante', de José Saramago, e prevé presentar o primeiro nivel nas xornadas que a Cátedra Internacional José Saramago celebrará no mes de setembro en Pontevedra.


O traballo está a ser levado a cabo por un equipo multidisciplinar, con alumnos de Comunicación Audiovisual e de Enxeñería de Telecomunicacións, coordinados polos profesores Antonio Pena, Enrique Costa e Juan Carlos Burguillo, de Telecomunicacións; e Beatriz Legerén e Mónica Valderrama, da Facultade de Ciencias Sociais e de Comunicación. Ademais, contan coa colaboración do director da Cátedra, o profesor da Facultade de Filoloxía e Tradución, Burghard Balstruch.


O alumnado de Comunicación Audiovisual encargarase do deseño conceptual, e de crear os mecanismos e regras de xogo, o aspecto artístico, os labores de comunicación, etc. Mentres, os estudantes de Telecomunicacións crearán o interface do xogo, e programarán os personaxes non xogadores.


A obra 'A viaxe do elefante' do Nobel José Saramago contas as peripecias do elefante Salomón, que o rei Juan III de Portugal ofreceu ao seu primo o arquiduque Maximiliano de Austria, e que foi levado polo seu coidador desde Lisboa a Austria. Esta curiosa viaxe é aproveitada polo autor para facer unha profunda reflexión, a través dos personaxes, sobre a condición humana, as xerarquías, o papel de servos e reis, etc.


relacionada Vigo e Nigrán acollen campamentos infantís de robótica
relacionada O Sergas crea un videoxogo para mellorar a empatía en pacientes mentais

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE