Cs demanda a limitación de mandatos de Baltar na Deputación

Asumen que será imposible "mentres o PP teña maioría absoluta" e cargan contra "un clima favorable á corrupción e a creación de redes clientelares".


|

Baltarblancoourense


Ciudadanos Ourense demanda a aprobación no pleno da institución provincial de que se limite "a dous mandatos consecutivos" os períodos para ocupar a Presidencia da Deputación de Ourense, un cargo que ocupa actualmente o dirixente popular Manuel Baltar.


"Sabemos que mentres o PP teña maioría absoluta na institución será case imposible, pero a nosa obrigación é reclamalo polo ben da rexeneración democrática", esgrime, nun comunicado, o coordinador de Cs na cidade de Ourense, Alberto Rodríguez.


No mesmo comunicado, no que remarcan que a formación apostou por suprimir as deputacións "en numerosas ocasións", inciden na limitación de mandatos no caso da institución ourensá, coa convicción de que "perpetuarse no poder pode favorecer un clima favorable á corrupción sistemática e a creación de redes clientelares".


relacionada Baltar asegura que non lle pesa o seu apelido nin que se asocie co caciquismo
relacionada Unha demanda de falsidade documental salpica a contorna de Baltar
relacionada Arquivadas as actuacións contra Manuel Baltar por acoso sexual e suborno

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE