A Comisión de Centro do Chuac reclama recuperar a actividade cirúrxica "suspendida"

Denuncian que hai pacientes con patoloxías oncolóxicas "dispersados por distintas plantas do hospital".


|

Hospitalcorunachuac


A Comisión de Centro do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) reclamou "a recuperación" da actividade cirúrxica "suspendida" neste centro en alusión á á de oncoloxía, a cuxa situación suma "a Unidade de Cirurxía Plástica".


Despois de que o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, asegurase que a á de oncoloxía reabrirá "pronto" despois de que "o groso" das obras de mellora estea "superado", a Comisión de Centro cualifica de "escandoloso" que haxa pacientes con patoloxías oncolóxicas "dispersados por distintas plantas do hospital".


Tamén engade que hai "decenas de pacientes á espera de cama ao mesmo tempo que permanecen pechadas case 100 camas no Chuac".


A Comisión de Centro pregunta, nun comunicado, se esta situación "non é presión asistencial", mentres denuncia a "vulneración" dos dereitos básicos da poboación".


relacionada Un paciente falece no CHUAC sen realizar unha proba porque non había anestesistas
relacionada As Urxencias do CHUAC, minguadas no verán, colapsan catro días despois
relacionada Pacientes de oncoloxía do CHUO denuncian atrasos de "ata dous meses" para un TAC

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE