A investigación sobre Diana Quer prioriza agora a vía dos feirantes

|

Dianaquer3

"Non se deu carpetazo" ás pescudas.


O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, asegurou que as investigacións para dar co paradoiro de Diana Quer "continúan" 13 meses despois da desaparición da moza na Pobra do Caramiñal en "distintas vías".


"Non se deu carpetazo. Dixemos no seu momento que as investigacións continúan. Trabállase, probablemente, dunha forma bastante intensa", manifestou o delegado do Goberno este mércores nun acto en Lugo.


Na súa intervención, Villanueva asegurou que o "feito de que non se publiquen noticias non quere dicir que non se estea traballando". "Está a facerse polos servizos centrais e tamén autonómicos, en distintas vías de investigación e algunha delas avanzadas", recalcou.


"Séguese traballando, analizando documentación, analizando distintas vías de investigación que van aparecendo como consecuencia destas investigacións, pechando algunhas ou deixando en segundo lugar unhas para priorizar outras", resumiu.


INVESTIGACIÓN AOS FEIRANTES


O delegado do Goberno en Galicia explicou que unha das vías nas que se investiga é a dos "feirantes". E é que, como lembrou, no momento da desaparición celebrábanse as festas na Pobra, "onde había moitas atraccións".


"Había moita xente traballando no sector de espectáculos". "Traballouse desde o principio e en función dos datos que van aparecendo profúndase máis en determinados ámbitos", sinalou.


relacionada Tratan de reconstruír os últimos pasos de Diana Quer nas festas da Pobra
relacionada O móbil de Diana Quer non conserva nada relevante para avanzar no caso

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress