Os partidos resístense a poñer "a outra meixela" ante a "labazada" pola AP-9

As forzas políticas galegas seguirán insistindo no traspaso de autoestrada que o Congreso veta mesmo debater.


|

Ap9peajePeaxe da arteria galega.


O veto a debater no Congreso sobre o traspaso da AP-9 tópase co rexeitamento de todas as forzas polítticas galegas.


Así, o portavoz de En Marea, Luís Villares, reiterou o "absolutamente inaceptable" que lle parece esa "decisión política", que tamén demostra, na súa opinión, que os populares galegos "non teñen peso na política española" para defender intereses que non son "partidarios" senón os "xenerais, de todo o país".


Ademais, Villares subliñou que na súa opinión a transferencia da titularidade é un paso "necesario pero non suficiente", debido a que avoga, a maiores, pola "recuperación para o público" desta vía. Nesta liña, avoga por "acordar unha posición unánime entre as forzas políticas que realmente están na defensa dos intereses de Galicia".


"LABAZADA"


O portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, avanzou este venres que propoñerá que os letrados da Cámara realicen un informe xurídico para ver "como defenderse" ante a "labazada".


Sobre todo, como recalcou en rolda de prensa, á vista de que Núñez Feijóo decidiu "poñer a outra fazula" ante unha posición do PP baseada en "argumentos falaces e esaxeracións sen ningún tipo de fundamento".


Ademais, convocou ao resto de partidos a analizar en conxunto os camiños para explorar fronte a ese veto a debater sobre o traspaso a Galicia da autoestrada e que, ao seu entender, responde a unha posición ideolóxica "centralista" e "discriminatoria" coa nosa comunidade.


RECURSO AO TC


A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, expuxo que o Parlamento recorra ante o Tribunal Constitucional o veto ou será o propio Bloque o que interpoña recurso de inconstitucionalidade.


Pontón propón que as diferentes formacións acorden unha declaración institucional de reprobación a Mariano Rajoy e a Ana Pastor, como os "dous máximos responsables deste desprezo".


A líder do Bloque proseguiu os seus reproches centrándose no informe que achegou a Mesa do Congreso para argumentar a súa decisión --elaborado en xuño por Fomento--, e concluíu que o seu "cálculo" sobre o valor da vía "carece de rigor".


Neste sentido, razoou que se no seu momento a AP-9 se privatizou por 1.000 millóns de euros e agora fálase dun valor "real" de máis de 4.000 millóns, o "tridente" composto por Aznar, Rajoy e Feijóo "regalou" máis de 3.000 millóns "a empresas amigas". "Xa está a tardar o Tribunal de Contas en actuar", avisou.


SEGUIR "INSISTINDO"


O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, sostivo que a oposición do seu partido en Madrid a transferir a AP-9 a Galicia "non xera un conflito interno", pois os deputados estatais defenden "o interese xeral" do Estado e os autonómicos, o galego.


Así as cousas, sinalou que o labor do seu partido en Galicia debe ser agora tratar de "convencer" o Goberno "con argumentos" de que "a razón" está deste lado e de que a transferencia desta vía supoñerá a súa "mellor xestión".


"Non é quen máis grita quen consegue máis avances", evidenciou o tamén deputado ferrolán. Ademais, prometeu que a súa formación seguirá "insistindo" no traspaso da autoestrada desde a óptica de que "é posible e necesario", aínda sabendo que "é moi difícil".


relacionada O PP volve impedir que Feijóo dea explicacións sobre a AP-9
relacionada Feijóo baixa os brazos ante un novo 'non' de Fomento á cesión da AP-9
relacionada A reclamación da AP-9 persegue a De la Serna na súa visita a Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE