O reforzo policial de Santiago non ten data de caducidade
A pesar das peticións de que a unidade de antidisturbios teña sede permanente na capital, o Goberno non contempla esa necesidade.
O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, afirmou este venres que, "se as necesidades de seguridade" o aconsellan, Santiago "mantería en outubro tamén" a Unidade e Intervención Policial (UIP) que funcionou nos últimos meses na capital galega.
Ante as peticións de que a unidade de antidisturbios teña sede permanente en Santiago, Villanueva incidiu en que a UIP en Santiago "empezou en xullo, prolongouse a agosto, posteriormente a setembro" e, a partir de aí, "en función das necesidades", mobilizarase para a capital galega ou para outros sitios.
"Hai dúas sedes da UIP en Galicia: na Coruña e Vigo", sinalou Villanueva, quen esgrimiu que os efectivos da unidade "actuarán onde sexa necesario" e os mandos policiais "situaranse nun sitio ou outro" segundo a demanda.
"Neste momento, considerouse necesario que a unidade seguise en Santiago e, se en outubro, en función das necesidades de seguridade, se considerase igualmente, manteríase tamén", concluíu.
Escribe o teu comentario