Unha explosión nun vagón do metro de Londres deixa varias persoas feridas
A policía enviou un equipo especializado en substancias perigosas e investiga as circunstancias do suceso.
Ambulancia no exterior. Foto: Twitter
Varias persoas resultaron feridas como consecuencia dunha explosión rexistrada este venres na estación de metro de Parsons Green, no suroeste de Londres, segundo informaron varios medios locais.
A Policía Metropolitana declarou o suceso "incidente terrorista".
"O Mando Antiterrorista da Policía Metropolitana está a investigar o incidente da estación de metro de Parsons Green despois de que fose declarado como incidente terrorista", asegurou nunha mensaxe de Twitter Scotland Yard.
O Servizo de Ambulancias de Londres explicou que despregou un equipo de resposta ante substancias perigosas en Parsons Green e subliñou que agora "a prioridade é avaliar o nivel e a natureza das feridas".
Escribe o teu comentario