A vivenda perfecta dos galegos é un chalé na costa e con piscina

As preferencias da maioría dos españois son un piso no centro da cidade, aínda que a piscina segue sendo un extra soñado.


|

Viviendasllave


Nun contexto de recuperación da compravenda de vivendas en España, a un ritmo menor en Galicia, un portal inmobiliario analiza como é o fogar ideal.


O III Estudo, 'A demanda de vivenda en España. Análise da capacidade financeira' chegou á conclusión de que a vivenda soñada pola maioría dos galegos é un chalé na costa ou preto da praia de pouco menos de 150 m2 e con piscina.


En cambio, a nivel nacional, os cidadáns decantaríanse por un piso, por encima da opción do chalé pero a moi pouca distancia (24% o primeiro e 23% o segundo), de 100 m2 e situado no centro da cidade.


En todo caso, en realidade cando se toma a decisón de comprar, a metade dos españois busca directamente un piso, sobre todo os máis novos (25-34 anos) e os maiores de 50, mentres as persoas no medio deses rangos de idade prefiren un chalé.


relacionada Galicia queda á marxe da forte subida dos prezos da vivenda
relacionada Os galegos necesitamos aforrar 27 anos para poder comprar unha vivenda

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE