"Unha gran sensación, erguerse como campión do mundo"
Gómez Noya volve coroarse na especialidade de Medio Ironman e ten a tiro as Series Mundiais en menos dunha semana se falla Mario Mola.
Imaxe da proba. Foto: @IRONMANtri
Javi Gómez Noya segue sumando vitorias á súa colección. Este luns, o galego saborea o seu segundo título de campión do mundo de Medio Ironman, conquistado o domingo.
"Unha gran sensación, erguerse como campión do mundo", publicou o triatleta na súa conta de Instagram, onde tamén comentou o desgaste físico que acumulou tras a proba.
En Tennesse (Estados Unidos), cubriu a proba (1,9 km de natación, 90 km en bicicleta e 21 km de carreira a pé) en 3 horas, 49 minutos e 45 segundos. Repite así o título que conseguiu en 2014.
A próxima fin de semana espéralle a Gran Final das Series Mundiais de triatlon, en Róterdam, onde chega con opcións. Para coroarse por sexta vez terá que volver gañar e que o español Mario Mola quede por baixo do quinto posto.
Escribe o teu comentario