Localizan en bo estado a unha menor desparecida a finais de agosto
Ten 16 anos e marchara da súa casa na cidade da Coruña o día 30.
A menor que permanecía desparecida desde o pasado 30 de agosto na Coruña foi localizada en bo estado, segundo informou a Garda Civil a través das redes sociais.
A moza de 16 anos faltaba da súa casa na cidade herculina desde finais do pasado mes de agosto.
A plataforma SOS Desparecido informou o pasado domingo da desaparición da menor, que foi localizada na noite do 10 de setembro.
Escribe o teu comentario